
Así doe novembro. Así me doe nas maos apertadas contra ti. Doe como unha traxedia para un pobo ou o recordo dun membro fantasma. Doe porque non te das ido aínda que marcharas e non hai bálsamos para o baldeiro dun amputado. nin sequera doses xustificadas de codeína contestan as miñas mensaxes. Nunca preguntas. Por min. Nunca preguntas por min. Así doe a praia na que nos coñecemos. Toda ela espesa cábeme nos petos do abrigo e entérranseme as mans entre as cunchiñas facendome cortes. ¿sabes que sangro polas mañás? Pequenos cortes invisibles que deixou todo o que ven despois da marea. así doe novembro e máis. Imenso. Donde o mar rompe nas pedras doe imenso. Alí e onde máis manca que non che son nin sequera un recordo.
Maria Lado
Maria Lado
1 comentário:
Fermosa poesía.
Um abraço.
Enviar um comentário