quarta-feira, 20 de fevereiro de 2008

Pista de gelo em vez da cabeça de Franco



Muito bem a troca ..onde antes estava a estátua do generalissimo Franco..agora uma pista de gelo..sim senhora viva o progresso e democracia da minha terra galega...
"....O venres 15 de febreiro realizouse a apertura da Pista de xeo ao aire libre instalada na Praza Maior onde os veciños poderán disfrutar por primeira vez da patinaxe sobre xeo dende o 15 de febreiro ata o 2 de marzo, no centro da vila nesta nova plataforma de ocio, na que se desenvolverán actividades para colexios, grupos infantís e maiores.A Concellería de Cultura e Xuventude, que dirixe Andrés Sampedro, xestionou os servicios da empresa Hielo Emoción para a instalación da pista de xeo, que mide 15 metros de ancho e 20 de largo e que abrirá ata o 2 de marzo todos os días cun horario de luns a venres entre as 10 e as 14 horas para os colexios e entre as 16 e as 22 horas para o público en xeral, así como as fins de semana, que permanecerá aberta entre as 12 e as 22 horas de xeito ininterrumpido. A pista de xeo ao aire libre ten música, alumeado nocturno e conta con monitores especializados, o que permitirá aos ponteareáns disfrutar desta nova oferta de ocio no centro da vila....."

Sem comentários: