segunda-feira, 4 de junho de 2012

O Mar na poesia Galega

Meus ollos van por lo mare,
mirando van Portugale.
Meus ollos van por lo río,
mirando van meu amigo
canción popular anónima do século XV ou XVI
Cando sentado en unhas altas penas que o mar batía con feroz ruxido,
ardendo en lume vivo as súas venas,
centellándolle os ollos encendidos, xamáis adormecidos
, Belmiro, labrador, se lamentaba e os seus gritos alzaba ós ceos dos seus males causadores, contándolles ós aires seus dolores.
Xa tamén revolcándose na area, das súas bágoas empapada e chea,
xa as rocas lles contaba os seus amores
Vizconde de Chauteaubriand
Envolto en brétemas frías vinte berrar con furor;
vín a maldá que encobrías que sempre andas as porfías co bote do pescador.
Vín a ola que se escarrancha contra ó barco,
feita escuma, cando tragar quere a lancha
e nín da bóveda ancha siqueira un luceiro aluma